07 febrero 2009

MOAÑA : O Tenente Alcalde, V. Pastoriza, confirma a adxudicación da obra de instalación do ascensor no CEIP Reibón

MOAÑA (MORRAZO-tribuna).-O Tenente Alcalde do Concello de Moaña, Victor Pastoriza, confirmou que o delegado provincial de Educación, J.A. Cristobal Fernandez, asinou a resolución de adxudicación definitiva do ascensor no CEIP Reibón a empresa SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS por un importe superior os 115.000 euros.
O prazo de execución da obra é de 2 meses.
Esta información xa lle fora adiantada o tenente alcalde de Moaña polo Delegado de Educación na xuntanza que ambos mantiveron días atras na sede da Delegación en Pontevedra. Na mesma reunión, Pastoriza obtivo do Delegado de Educación o compromiso de que este mesmo ano serian acometidas as obras de renovación dos peches perimetrais dos centros de ensino públicos Reibon e Seara, ubicados na Xunqueira, fronte a zona onde Costas do Estado esta levando a cabo a gran obra de reforma do fronte maritimo de Moaña.
Na mesma xuntanza o Delegado transmitiulle a Pastoriza a sua intención de "intentar" acometer o pintado exterior do CEIP Seara e o pintado da parte traseira do CEIP Reibon.
Esta obra ven a sumarse a que o persoal do departamento de servizos do Concello de Moaña, levou a cabo días atras no CEIP Reibón que consiste na instalación da rampa de acceso o ximnasio , onde leva a cabo as súas actividades a escola municipal de musica e a reforma das portas do interior do centro para o acceso por persoas con minusvalias fisicas.