02 julio 2009

15.000 churros gratis, el lunes en Pontecesures

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A II edición da Festa do Churro de Pontecesures ofrecerá o próximo día 6 de xullo, luns do Carme, máis de 15.000 churros. O evento, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures, foi presentado hoxe na sede de Turismo Rías Baixas, no Palacete de Mendoza. Tras o éxito alcanzado en 2008 este ano espérase bater os rexistros alcanzados na primeira festa.
Son sete as churrerías de Pontecesures as que colaboran no acontecemento: Benedicta, Fina, Isolina, Jamardo, La Cesureña, Marisu y Patri. Este produto de repostería tan tradicional neste municipio poderase degustar de forma gratuíta e acompañado con chocolate entre as 21:00 e as 23:00 horas na Plazuela, onde ademais actuará o Dúo Máster para amenizar o xantar.
O goberno local, en voz da alcaldesa, mostrouse “moi ilusionado” con esta nova edición e apuntou a intención de “converter esta festa gastronómica nun referente dentro do calendario galego e tamén máis alá do ámbito autonómico”.
Esta celebración servirá para pechar as Festas do Carme, que comezan o venres día 3. Haberá tres noites de verbena con orquestras da talla de Sintonía de Vigo, Charleston, Montes, Philadelphia o Noche de Estrellas e o luns, ademais da Festa do Churro, celebrase unha gran festa infantil.