15 julio 2009

Detienen en Mondariz al presunto autor de 20 incendios forestales

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Funcionarios pertencentes ao Grupo de Investigación de Incendios da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Vigo procederon á detención de J.A.F.C., home de 45 anos de idade, como presunto autor de 20 incendios forestais acontecidos na parroquia de Foxaco, no concello pontevedrés de Mondariz, dende o ano 2000.

A detención tivo lugar tras varios anos de investigación, que permitiu imputarlle os ditos lumes. Os incendios, relacionados coa limpeza de restroballos próximos o seu domicilio, chegaron a queimar un total de 20 hectáreas de masa arborada e monte raso. O detido desenvolveu un patrón para realizar os incendios durante as franxas horarias que van de 15:00 a 17:00 horas e de 20:00 a 23:00h, procurando deste xeito o anonimato e que os medios de extinción foran os menos posibles. O presunto incendiario foi descuberto por primeira vez preto da súa casa mentres saía dun incendio o 10 de setembro de 2005, sendo vixiado a partir dese momento no entorno do seu fogar e nas franxas horarias xa sinaladas, procedéndose a súa detención na tarde do día 10 de xullo de 2009, gracias á colaboración dunha veciña do lugar.

O detido, unha vez oído en declaración, foi posto en liberdade coa obriga de comparecer ante a Autoridade Xudicial cando fora requirido, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ponteareas. Con esta detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial no que vai de ano a 41 persoas por presuntos delitos de incendios forestais.