15 julio 2009

Deputación : aprobadas las ayudas a Cofradías

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno as bases das axudas a Cofradías de Pescadores, federación provincial de cofradías e asociacións de cofradías para o ano 2009, por unha cuantía de 125.000 euros.

Según as bases, as axudas destinaránse ó finanzamento de proxectos que melloren a infraestructura e equipamento das anteditas entidades en canto a mellora na comercialización, equipamentos das lonxas, puntos de control, etc.; para inversión relativas á seguridade, hixiene e saúde no traballo; para reparación e equipamento dos edificios sociais; ou para equipamento para levar a cabo labouras de vixiancia. O importe da axuda da Deputación non poderá superar o 50% do coste da finalidade que se subvencione.
Os solicitantes das axudas deberán presentar o seu proxecto de inversión cara ó 2009 cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, os obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos, cronograma de traballos, etc.. No caso de que os gastos subvencionables superen os 30.000 euros (no caso de execución de obras) ou de 12.000 (no caso de suministros de bens de equipo, servizos, etc.), deberán presentar tamén tres ofertas xustificando a preferencia da adxudicación efectuada.