05 julio 2009

Feijóo llama a la unidad política para que Elena suelte los cuartos...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo hoxe un chamamento a “unidade política” para “presentar e facer entender as propostas de Galicia no futuro modelo de financiamento autonómico”. O mandatario galego amosou a súa intención de manter sendas reunións nos vindeiros días co secretario xeral do PSdeG e co portavoz nacional do BNG; e lembrou que mañá mesmo se reunirá co presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, “para asinar un documento onde se concrete a postura desta comunidade e da galega sobre o financiamento”.

“Nos intentaremos ser responsables porque, por riba do goberno de Galicia están os galegos, e por riba desta lexislatura están as seguintes”, remarcou Feijóo, que engadiu: “A próxima semana terei un encontro co secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, e espero tamén manter un encontro co portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, para profundizar na defensa dos intereses xerais de Galicia”. O xefe do Goberno galego insistiu en que os criterios de dispersión, avellentamento e emigración “son cuestións que deben unir aos partidos políticos”.

En declaracións aos medios, o presidente da Xunta reiterou que financiar exclusivamente en función da poboación, sen ter en conta o factor da dispersión, do avellentamento e da emigración, “é un sistema de financiamento insolidario e inxusto”. “Por iso, -engadiu-, reiteramos hoxe que a dispersión é un feito claro, diferencial, obxectivo e custoso no sistema de financiamento”.

Feijóo explicou que o feito de que teñamos o 21% de todo o gasto de España só de transporte escolar “significa que a dispersión custa moito máis diñeiro”; como tamén, que o 22% da poboación galega supere os 65 anos. Unha circunstancia que, en palabras de Feijóo, “custa moito máis diñeiro na sanidade, nos servizos sociais e na dependencia”.

Apoio as festas de calidade
O xefe do executivo galego asistiu hoxe a XVIII da Festa de Exaltación do Pan de Cea, en Ourense, onde puxo en valor a calidade das festas gastronómicas de Galicia e dos productos artesanais galegos. Feijóo sinalou que este evento que desde hai anos se celebra nesta localidade ourensana, “aposta polo tradicional, pola calidade e polo sector primario e tamén por fixar poboación no rural”.