02 julio 2009

Medio Ambiente se gasta 200.000 euros en una glorieta en Ponteareas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de anunciar a construción dunha glorieta en Ponteareas para mellorar a intersección coa estrada a Salvaterra (PO-403), no punto quilométrico 10+400. Este proxecto aprobouse o día 25 de maio, por un importe de 200.305,66 euros.

Na actualidade as obras atópanse en fase de contratación, comezarán ao longo deste mes e rematarán despois do verán.

Con esta modificación, procédese á incrementar a seguridade vial na estrada PO-403, na zona indicada. Neste punto, o vial forma parte dun treito urbán, cunha intersección con tres ramais.

Os técnicos do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia proxectaron unha glorieta que ten como principal finalidade mellorar a seguridade viaria, ademais de aportar maior funcionalidade á intersección.

A isleta central terá nove metros de diámetro, e estará axardinada e iluminada. Ademais, contará cunha coroa de protección adoquinada dun metro. A sección da plataforma contempla unha beiravía interior dun metro; dous carrís de catro metros e unha beiravía exterior de medio metro. O seu diámetro exterior será de trinta metros.

Beneficio para o concello de Ponteareas
A obra beneficiará ao concello pontevedrés de Ponteareas, o que significa un servizo a case 25.000 habitantes, ademais de incrementar a seguridade dos mais de 14.000 vehículos que transitan diariamente por esta vía.