A LAMA (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe na súa xunta de goberno á empresa Sercoysa a obra de mellora da estrada Ponteverdugo-Cambeses-Barcia, no Concello de A Lama, por un importe de 152.000 euros. O traballo tén un prazo de execución de tres meses.
As obras adxudicadas prevén realizar diversos desmontes ó longo do trazado, instalación de tuberías e cunetas revestidas de formigón, mellora do firme e sinalización.