16 julio 2009

En marcha Vai de Camiño 2009

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O programa de cultura e espectáculos Vai de Camiño 2009, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, achégase esta semana aos concellos de A Coruña no Camiño Inglés, o Grove e Sanxenxo na Ruta do Mar de Arousa, Pontecesures no Portugués, A Gudiña, Paderne de Allariz e Dozón na Vía da Prata, Toques no Primitivo e O Pino no Camiño Francés.

A IV edición do programa Vai de Camiño persiste na súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ao tempo que se apoian aos artistas galegos e se impulsa a nosa industria cultural e do espectáculo. Vai de Camiño consolídase como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.

O programa desenvólvese nos meses de xullo, agosto e setembro con espectáculos de danza, concertos, animación de rúa, monicreques, bandas de música e música tradicional.

A programación prevista para esta fin de semana é a seguinte:

A Coruña. Camiño Inglés. Venres, 17 de xullo. No Auditorio do Parque de Santa Margarita, ás 20.00 h., actuación dos grupos “Siniestro Total”, “Taru e os Paxaros Coiro”, “Galegoz” e os “Tres Trebóns e Amigos” (“Tres Trebóns”, “Jarbanzo Negro” e “Magnifique Band”)

O Grove. Ruta do mar de Arousa. Venres, 17 de xullo. Ás 20. h., pasarúas a cargo da “Banda de Gaitas Abertal”, e ás 22.30, na Praza do Concello, A Quenlla.

Pontecesures. Camiño Portugués. Venres, 17 de xullo. Na Plazuela, ás 21.00 h., actuación do grupo de metais Santa Cecilia.

A Coruña. Camiño Inglés. Sábado, 18 de xullo. Ás 20.00 h., no Auditorio do Parque de Santa Margarita, actuarán “Igloo”, “Spinning Jenny”, “Scandal”, “Elanor”, “Chámalle Xis” e “John Deeres”.

Sanxenxo. Ruta do Mar de Arousa. Sábado, 18 de xullo. No Porto Deportivo “Juan Carlos I”, ás 22.30 h., Nova Galega de Danza.

A Gudiña. Vía da Prata. Sábado, 18 de xullo. Pola tarde, na Piscina Municipal, actuación do grupo de monicreques “Falcatrúa”.

Paderne de Allariz. Vía da Prata. Sábado, 18 de xullo. Na tarde-noite, actuacións de “Avelaíña” e dun cuarteto de música tradicional.

Toques. Camiño Primitivo. Sábado, 18 de xullo. Na praza do colexio público, ás 18.00 h., banda de música de Vilalba.
O Pino. Camiño Francés. Domingo, 19 de xullo. Ás 19.00 h., no centro sociocultural Luís Seoane, a Banda de Música Xuvenil de Barro.

Dozón. Vía da Prata. Domingo, 19 de xullo. Polas rúas da vila, a partir das 12.00 h., música tradicional a cargo de “Abelente”.


Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da Vai de Camiño, poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es