02 julio 2009

Nava Castro visita FECIMO

CANGAS (MORRAZO-TRIBUNA).- O día 1 de xullo ás 12h da mañá, recibiuse na sede de FECIMO e o Foro
Galego do Comercio á actual Directora Xeral de Comercio, Dna. Nava Castro.
Neste acto de carácter institucional participaron ademáis da Federación
de Comerciantes e Industriais do Morrazo, asociacións de toda a provincia
pertencentes ó Foro Galego de Comercio – Asociación de Comerciantes y
Empresarios Calvario, Centro Comercial Urbano Zona Monumental de
Pontevedra, Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios da
Guarda, Centro Comercial Aberto de Vilagarcía Zona Aberta, etc.-
Coma estaba previsto, serviuse un café de benvida e de seguido os
asistentes reuníronse no salón de actos, onde Dna. Nava Castro foi presentada
formalmente por Xosé Bangueses.
Foi un pracer para ela visitar a Comarca do Morrazo, unha zona que
coñece moi ben esta veciña de Ponteareas. Comezou o seu discurso calificando
o comercio coma unha “actividade social, máis que económica, que fai vila.”
Falou tamén de traballar unidos e levar a cabo unha boa xestión.
Tratouse logo un dos puntos máis agardados polas asociacións: a Lei de
Comercio. A Directora Xeral fixo pública a súa intención de ter rematado o
borrador da lei para o 30 de Xullo. Ademáis creará un foro aberto a todos para
falar da normativa comercial. Estará aberta a suxerencias, ideas, alternativas,
etc. Con isto quixo tranquilizar ás diferentes asociacións, asegurando que a
Consellería sempre vai defender ó comercio de proximidade.
Dna Nava Castro anunciou tamén que está previsto para setembro
conceder uns préstamos do ICO para Centros Comerciais Abertos.
Para pechar o acto, os asistentes pedíronlle como compromiso á
Directora Xeral de Comercio que se conte con eles como unha voz máis para
todo o que se leve a cabo dende a Consellería, que as axudas que se
conseguiron en todos estes anos de traballo non baixen e que a finais de ano se
faga unha lei de comercio que non perxudique ó pequeno comercio.
Finalmente, Dna Nava Castro tivo a oportunidade de dar un paseo polo
Centro Comercial Urbán de Cangas, visitando algúns dos seus establecementos.