02 julio 2009

Solo quedan 300 entradas para el concierto de Leonard Cohen

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A primeira hora de hoxe só quedan 300 entradas á venda na Central de Espectáculos de Vigo para asistir ao concerto que Leonard Cohen ofrecerá no auditorio de Castrelos o 13 de agosto. Pola súa banda, as entradas postas á venda na taquilla telefónica de Caixanova xa están esgotadas.

Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o concerto de Keane, a primeira das actuacións deste verán, que tamén terá lugar no auditorio de Castrelos o 17 de xullo; así como as do concerto de Carlos Baute e Marta Sánchez, que actuarán no peirado de Trasatlánticos o 4 de agosto; para o de Juan Perro e Nart, que tamén será no peirao de Trasatlánticos o 5 de agosto; e Melendi, no mesmo emprazamento o 11 de agosto.