MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- O BNG en Mos, quere convidar a todos os veciños e veciñas, á xuntanza nacionalista que vai ter lugar este domingo 5 de xullo, a partires das 13.30, no Santiaguiño ( Guizán).
Por un módico precio de 5 euros, disfrutaremos deste xantar en compaña de aqueles que se queiran acercar a pasar un día agradable, con xogos, música e sobre todo bo humor, tan necesario nestes momentos de crispación provocada polas actuacións do goberno ilexítimo do concello de Mos.
Como cada ano, imos xuntarnos os amigos e amigas do BNG de Mos, pero esta vez, queremos convidar especialmente a todos aqueles traballadores do sector do metal, que nestes días de negociación do seu convenio, están a pasar por un período realmente complicado. Aproveitando esta festa para facerlles chegar o noso apoio máis sincero.
Esta xuntanza é o preludio da gran mobilización que ten que ser este ano o 25 de xullo, día da Patria Galega, xa que non podemos quedar indiferentes ante o desastre que está a supor o goberno do PP para o noso país, sendo o exemplo máis destacado, o ataque que está a sufrir o noso idioma.
Para anotarse a este xantar, hai que facelo a través do teléfono 669 808 956.