16 julio 2009

Xunta promueve campaña "conductor alternativo" para los jóvenes que salen de noche y soplan más de la cuenta...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).Mañá comeza a campaña do “condutor alternativo”, posta en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que ten como obxectivo a sensibilización da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcohol ao volante e a aposta polo condutor alternativo”. O venres noite a iniciativa empezará en A Coruña, Vigo e Santiago e continuará o sábado en Lugo, Pontevedra e Ourense.

Esta iniciativa xurde co obxectivo de tentar reducir os accidentes de tráfico entre os máis mozos. Neste senso, o último informe “Documento Marco sobre Sinistralidade na Rede de Estradas de Galicia” reflexa que o 26% das alcoholemias positivas entre as vítimas mortais danse en mozos de entre 18 e 30 anos. Os sábados, seguidos dos venres e domingos, é onde se concentran a maior parte dos accidentes.

Por iso, e ante o alto número de accidentes graves que teñen como factor determinante o alcol, a Consellería de Traballo e Benestar decidiu poñer en marcha medidas activas e continuadas.

Así, esta campaña, que prolongarase ata o 12 de setembro, centrarase nas zonas galegas de ocio nocturno, cun total de 40 accións. Así, ao longo de verán terá presenza en Sada, Ferrol, Ordes, Sanxenxo, Portonovo, Vilagarcía, Viveiro, O Grove, Cambados, Foz, Burela, Verín, Baiona, Nigrán, Ribeira, A Pobra, Carballiño, Boiro, Rianxo, Santa Comba, Cee, Noia, Pontecesures, A Estrada e Ribadeo. O remate, ao igual que apertura, será nas capitais galegas, xunto con Vigo e Santiago.

En concreto, a iniciativa comezará mañá nas zonas coruñesas da avenida de Pedro Barrié de la Maza, na Rúa do Comandante Fontanes e na Rúa da Cordelería. No caso de Vigo, será na rúa de Rosalía de Castro, e en Santiago, en San Pedro de Mezonzo e Montero Ríos.

O sábado o despegue da campaña será na Rúa Quiroga Ballesteros de Lugo, na Avenida de Bos Aires de Pontevedra, e na zona entre Emilia Pardo Bazán e a Avenida de Bos Aires de Ourense.

A iniciativa contará coa presenza de mozos e mozas de asociacións xuvenís que, nos propios lugares de ocio nocturno, lembrarán a máxima de 0% alcohol cando se conduce, e situarán un triángulo enriba dos coches co lema “Libre de alcol” co fin de lembrarlle aos condutores a recomendación de non coller o coche. A presenza destes mozos será desde as 0 horas ás 4.

Esta campaña de verán para a prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade supón un punto de partida da Consellería de Traballo e Benestar para desenvolver ao longo de todo o ano “unha acción potente e decidida sobre esta importante problemática xuvenil”.