FORCAREI/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno subscribir o convenio de colaboración que vinculará á institución provincial co Concello de Forcarei na construción do futuro edificio multiusos que albergará o circuíto de karting de A Madalena. A obra costará 150.000 euros e será financiada ó 50% por ambas institucións. Con esta nova iniciativa, a inversión total na obra do circuito de karting de Forcarei é de 1,2 millóns.
Según o convenio, as dúas administracións financiarán a implantación dun edificio de dúas plantas, que acollerá áreas de xuíces, cafetería e terraza, ademais dunha instalación de auga quente con sistema de retorno, na planta alta, e oficinas, salas de usos múltiples e servizos na planta baixa.
Dadas as características do terreo e a forma do proxecto, planease unha cimentación mediante zapata corrida excéntrica con solución de viga centradora baixo os muros do sótano. Os parámetros determinantes foron o equilibrio da cimentación e a resistencia local e global do terreo.
A estrutura soporte do edificio resólvese mediante piares, cadrados e rectangulares, para facilitar a súa integración na distribución interior e muros de formigón para o sótano. O forxado de cuberta apoiarase nun muro de ladrillo macizo perforado, de carga, calculado. A estrutura horizontal e de cuberta realízase mediante vigas planas, para facilitar a súa execución e evitar resaltos nos teitos das vivendas, e forxados unidireccionais de viguetas semirresistentes e bovedillas de formigón.
En canto a cuberta, resolverase con tella, sobre viguetas e tabique coelleiros, colocados sobre o forxado de formigón. A terraza transitable desenvolverase con forxado de formigón de 30 centímetros, XPS expandido con dióxido de carbono de 5 centímetros de espesor, formigón lixeiro de formación de pendentes, morteiro impermeable e gres rústico.
O cerramento tipo do edificio será de dobre folla, granito de 17 cm de espesor impermeabilizado con lámina asfáltica pola súa cara exterior. A carpintería exterior será de aluminio lacado color branco con rotura de ponte térmica maior de 12 milímetros, cunha permeabilidade ó aire menos a 27 m3/hm2, homologadas segundo despeces e aperturas. O acristalamento será dobre. Disporanse persianas de aluminio lacado inxectado en poliuretano en lamas de 30 mm de espesor. As barandiñas en balcón e terrazas serán de pedra.
Por último, o chan de contacto co terreo do sótano resólvese con soleira de formigón de 20 centímetros, sobre XPS expandido con dióxido de carbono de 4 centímetros de espesor sobre cama de area e encachado de pedra sobre o terreo natural. Os acabados será de tarima flotante de roble na planta piso e plaqueta de gres en baños e planta baixa. As terrazas terán pavimentación de plaqueta de gres rústico.
Circuíto homologable
Previamente, a Deputación xa investira 625.000 euros logo de modificar o proxecto das obras do circuíto, que recollía unha serie de modificacións para adecuar o circuíto ós parámetros estipulados pola F.I.A. Deste xeito, grazas ó novo trazado e o novo afirmado e drenaxe, o karting de Forcarei convertíase nunha instalación homologable para poder albergar competicións de carácter internacional, acadando deste xeito unha maior relevancia e aproveitamento das mesmas.
Para adecuar este novo circuíto, contouse coa colaboración da Federación Española de Automobilismo, quen asesorou e indicou posibles correccións grazas ás súas aplicacións informáticas de simulación e persoal técnico. O proxecto modificado aumentou en máis de 100.000 euros o proxecto inicial que foi adxudicado á empresa Construcións Taboada e Ramos S.L. por importe de 521.876,90 euros.