VIGO (MORRAZO-tribuna).- As ludotecas que dependen da Concellaría de Xuventude presentan a súa programación, de cara ao vindeiro mes de outubro, co outono como eixo central. Os nenos e nenas que acudan durante os vindeiros meses as ludotecas desenvolverán diferentes obradoiros e moitas actividades relacionadas directamente coa celebración do Samaín.
Na ludoteca da Casa da Xuventude (López Mora, 31), e baixo o lema “O mundo do bosque”, levarán a cabo diversos obradoiros entre os que se inclúen os de cociña, papiroflexia, globoflexia, teatro e bruxas de coca. Os rapaces e rapazas tamén realizarán murais e decorarán a ludoteca con motivos referentes ao outono. Festexarán o Samaín, saíndo á rúa disfrazados para pasar unha “tarde de medo” e realizarán diferentes saídas a parques da cidade co obxecto de coñecelos e recoller materiais que logo empregarán nos murais (follas secas, froitos, etc).
A ludoteca de integración Hoy por Mañana ( Sagunto, 86) terá un obradoiro de contacontos, no que nenos e nenas elaborarán o seu propio conto coa castaña e o outono como protagonistas. Realizaranse murais e diversos obxectos con motivos outonais ( marcos de fotos, a boneca señora castaña, etc) e investigarase a “fauna do noso xardín” para coñecer mellor aos seres que nel habitan. Tamén nesta ludoteca se festexará o Samaín cunha gran merendola, onde non faltarán cabazas iluminadas, esqueletos articulados e caretas terroríficas.
Un outono “de medo” é o que se poderán atopar os nenos e nenas que acudan á ludoteca de Lavadores, xa que, entre outros moitos obradoiros, farán un esqueleto xigante que colgarán da porta, decorarán o interior con murais de outono e o exterior con cabazos iluminados con candeas e elaborarán sombreiros monstruos para disfrazarse na gran festa do medo, na que gozarán cos xogos e a música.
Pola súa banda, a ludoteca de Coia (Pavillón deportivo. Avda. Castelao) vai ter un “outono musical” e, polo tanto, ademais dos murais e obradoiros con motivos e materiais propios do outono, ps rapaces e rapazas elaborarán diversos instrumentos musicais (pau de choiva, frauta de pan, ...) e levarán a cabo xogos e dinámicas de musicoterapia. Tamén terán obradoiros de cociña e sairán ao Parque de Castrelos, onde recollerán materiais para murais e obradoiros, e ao museo do Marco nunha visita guiada.