PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Baixo o lema “Un mar de vidas”, a Deputación de Pontevedra celebrou hoxe un encontro no Castelo de Soutomaior para homenaxear ás confrarías da provincia, representadas nos propios pescadores, mariscadores, redeiras, xubilados do mar e xente vinculada á pesca de baixura. O acto, que incluíu un sentido acto de tributo ós patróns maiores, consistiu nunha xornada de lecer nas instalacións e xardíns do conxunto histórico de Soutomaior, onde se celebrou un xantar e actuacións musicais.
Rafael Louzán, presidente da Deputación recordou que “a provincia representa o 80% do marisqueo e a baixura de Galicia con 18.000 persoas dedicadas a esta actividade en Pontevedra”. Por este motivo, explicou Louzán “a administración provincial quixo honrar con este acto ás mulleres e os homes da mar, por ter arriscado constantemente as súas vidas, polo exemplo que teñen brindado como profesionais, encarnado no seu denodado esforzo, na súa capacidade de sacrificio, no seu bo facer”.
Para o titular da Deputación o espírito do mar é a “solidariedade, a unión, a axuda mutua” e a través da xuntanza denominada “Un mar de Vidas queremos honrar ás xentes do mar, fomentar a súa unión e demostrarlles a nosa proximidade e apoio nestes momentos difíciles para todos”.
“Trátase dun día de festividade do mar, no que a Deputación de Pontevedra quere brindar un recoñecemento ó traballo destas mulleres e homes”, engadiu, “no que todos xuntos poderemos intercambiar experiencias vividas, aproveitando para pasar unha xornada de lecer entre amigos”, afirmou o presidente.
A labor da Deputación
O organismo provincial ven colaborando ininterrompidamente desde o ano 1994 cos sectores produtivos da pesca de baixura e do marisqueo e as súas entidades representativas.
A actividade da sección de Pesca e Cultivos Mariños da Deputación céntrase especialmente en actualización en prol dos profesionais da mar, tales como contribuír a modernización e seguridade das embarcacións, mellora da produtividade en dos bancos e zonas marisqueiras, achega de medios materiais para vixilancia e transporte nas confrarías e promoción e concienciación dos pescadores na seguridade e prevención dos riscos laborais a bordo das súas embarcacións.
Así mesmo, atende tamén todas aquelas necesidades de acondicionamento das lonxas e das propias dependencias das confrarías de pescadores (informatización, mellora dos edificios, instalación de novas tecnoloxías...”.
Finalmente, Rafael Louzán, destacou que a Deputación aposta de cara ó futuro pola “sostenibilidade dos nosos recursos que debemos coidar e manter para as xeracións futuras”. Tamén pola “calidade dos produtos e polo bo facer da nosa xente do mar”.