PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe as bases reguladoras das axudas ás confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia para o presente ano 2008 que contan cunha dotación económica de 125.000 euros.
As axudas destinaranse ó financiamento de proxectos que melloren a infraestruturas e equipamento destas na mellora da comercialización, equipamento das lonxas, puntos de control; en investimentos relativos á seguridade, hixiene e saúde no traballo; á reparación de equipamento dos edificios sociais; e o equipamento para a execución de labores de vixilancia.
O importe das axudas non poderá superar o 50% do custo da finalidade que se subvenciona, salvo casos especiais debidamente acreditados nos que por razón de interese público, económico ou social da provincia se poida conceder unha porcentaxe superior.
As solicitudes deberán formalizarse os modelos facilitados no rexistro da Deputación, no servizo Agrario ou na páxina web: www.depontevedra.es.
Á hora de valorar as propostas a Deputación terá en conta criterios como o número de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos e as características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos.