MADRID (MORRAZO-tribuna).- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que as Comunidades Autónomas participen na xestión dos Fondos de Cohesión e que estes se destinen ás comunidades con menor renda per cápita.
Pérez Bouza lembra que no anterior período 20006-2006 “Galiza saiu claramente prexudicada no reparto destes fondos, en beneficio doutras comunidades cunha renda superior á media da UE, como Madrid ou Cataluña”, unha situación que o senador do BNG teme que volva a repetirse no período 2007-2013.
Por iso, o senador do BNG solicítalle tamén ao Goberno que, dunha banda informe dos proxectos que vai financiar cos Fondos de Cohesión da UE e, por outra, que cambie os criterios de reparto “de xeito que os maiores investimentos concéntrense nas comunidades con menor renda per cápita”.
Uns fondos que o Goberno Central xestione case en exclusiva
Pérez Bouza lembra que os Fondos de Cohesión son un mecanismo de solidariedade da Unión Europea destinados a financiar proxectos de grandes infraestruturas de transporte e medioambientais. Os países destinatarios son aqueles que teñan unha renda per cápita inferior ao 90% da media europea.
Porén, o senador nacionalista critica que “no Estado Español non existe ningún mecanismo de redistribución destes fondos atendendo ao espírito de cohesión co que foron creados”.
Ademais, lembra que a súa xestión está altamente centralizada. “Proba disto -explica- é que no período 2000-2004 a Administración Central xestionou todo o Fondo de Cohesión destinado ás infraestruturas de transporte e preto do 45% destinado a proxectos medioambientais, polo que a participación das Comunidades Autónomas apenas representou o 18% do importe total”.
“Débese explicar por que se deixou sen financiamento europeu ao tramo do AVE Zamora-Lubián-Ourense”
Por outra parte, o senador do BNG solicítalle ao Goberno que explique por que quedou sen financiamento da UE o corredor de alta velocidade ferroviaria Zamora-Lubián-Ourense, “malia tratarse dunha infraestrutura interrexional que mellorará as comunicacións de toda a eurorexión Galiza-Norte de Portugal co centro da Península”.