SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Salvaterra levou a pleno unha iniciativa para solicitar a Consellería de Vivenda e Solo que inclua a Salvaterra dentro do Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida de Galiza.
Segundo o portavoz municipal, Gabriel Martínez, con esta moción o grupo municipal do BNG pretende dar solución as continuas demandas dos veciños e veciñas de Salvaterra que solicitan este tipo de vivenda. O Concello de Salvaterra na actualidade carece de vivenda protexida e nas normas Subsidiarias de Planeamento Municipal non contempla terreos para a súa construción.
Se ademais temos en conta o previsible incrimento de poboación derivada da actividade empresarial da PLISAN fai impriscindibel a inclusión do noso concello dentro do Plan Sectorial de Solo Residencial, afirma o nacionalista.
A conselleria de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, está elaborando o primeiro Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida de Galiza, un instrumento que permitirá planificar o solo destinado a vivenda protexida nun horizonte temporal de 10 anos, en función da demanda social e con independencia da situación na que se atopen os plans xerais de ordenación municipais.
Para o BNG, "o goberno municipal do PP, está inmerso na deixadez e desinterese, pois Salvaterra non pode continuar un día máis cunhas Normas Subsidiarias de Planeamento municipal do ano 1993. Para que Salvaterra progrese é imprescindíbel a aprobación dun novo Plan Xeral de Urbanismo: que planifique os servicios e dotacións necesarias tanto da vila como nas parroquias, sempre dun modo ordenado e sustentábel, que permita que Salvaterra siga crecendo e que os veciños e veciñas de Salvaterra non teñan que marchar a vivir a outros concellos da comarca".