MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, leva ao Pleno da Cámara Baixa no vindeiro martes, día 30 de setembro, unha moción consecuencia de interpelación na que insta ao Goberno a iniciar, antes de rematar o ano, un proceso de diálogo coa Xunta para pactar o traspaso de medios e infraestrutura necesarias para a implantación de servizos ferroviarios de cercanías.
Aproveitar a infraestrutura en desuso e unila ao novo trazado
Nesa liña, o parlamentar nacionalista demanda que se manteña a infraestrutura dos tramos de ferrocarril que fiquen fóra de servizo coa apertura de novos trazados de alta velocidade e comezar a negociación para a súa transferencia á Xunta.
Nesta moción que é consecuencia da interpelación que Jorquera dirixiu á Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, o pasado martes no Pleno do Congreso, tamén pede que se conveñan coa Xunta as fórmulas para facilitar a interconexión de ambas redes (a vella e a nova do Eixo Atlántico) nos casos nos que sea menester.
O BNG tamén empraza a un calendario de traballo para unha serie de transferencias ferroviarias
Nun segundo punto, o deputado do BNG empraza ao Executivo a negociar co Goberno galego un calendario de traballo para abordar o traspaso de competencias sobre autorización de operadores ferroviarios no territorio galego, a participación da Xunta na planificación, programación e xestión das infraestruturas e servizos incorporados á rede do Estado que vaian polo territorio de Galiza, así como a competencia exclusiva na implantación de novas vías, non declaradas de interese xeral, que discurran integramente polo noso pais.