PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O xurado cualificador do Premio Entreculturas 2008 acordou hoxe concederlle este galardón ó Centro de Lalín en Bos Aires, pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Arxentina, e ó Concello de Ponteareas pola labor social que leva a cabo cos emigrantes e inmigrantes.
Compre recordar que o premio Entreculturas está dotado con 12.000 euros dos cales 6.000 euros van dirixidos a reforzar os lazos de irmandade entre os pobos, premiando a labor altruísta, significada ou relevante dunha persoa ou entidade do mundo hispánico e da emigración. Os restantes 6.000 euros concédenselle a unha persoa ou entidade de ámbito pontevedrés ou galego destacada pola súa solidariedade, integración, intercambio, e apoio entre os pobos.
O xurado cualificador estivo presidido polo presidente da Deputación, Rafael Louzán Abal. Actuaron como vogais os vicepresidentes José Juan Durán e Teresa Pedrosa; así como Perfecto Rodríguez, alcalde de Ponte Caldelas; Georgina Bortolotto, Cónsul Xeral Adxunto de Arxentina; Benito Vila, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires; Miguel Pereira, Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico; Mercedes Costas, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura e actuou como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación.
O Centro de Lalin en Bos Aires é unha entidade con fins culturais, filantrópicos e sociais en beneficio de todos os galegos emigrantes en Arxentina ós que lles serve como centro de intercambio entre arxentinos e galegos.O Centro de Lalín fomenta os vínculos de amizade e camaradería entre os asociados, establece relacións con outras entidades ó mesmo tempo que impulsa as actividades que levan ó recordo e coñecemento do espírito de Galicia. Este ano celebrase ó centenario deste Centro e na actualidade o Centro de Lalín en Bos Aires é o referente para todos aqueles emigrantes da Comarca do Deza.
O Concello de Ponteareas, pola súa banda, desenvolve unha admirable labor social no campo da emigración e inmigración. Leva a cabo proxectos destinados a protexer os dereitos dos emigrantes, conta cun gabinete de asesoramento para estranxeiros que entre as súas función está a de asesorar e axudar sobre tramites, convenios, vivenda, pensións, etc.
Impartir cursos de formación e inserción laboral, facilita información para a creación de autoemprego e dispón de bolsas de traballo. Tamén concede axudas económicas en casos de extrema necesidade que non están contempladas por outros organismos.
Entre outras accións, o Concello de Ponteareas presta un apoio integral nos procesos educativos impartindo cursos de galego e de reforzo escolar, colabora nos trámites para a homologación de títulos, convalidación de estudos, etc.
Finalmente, traballa na sensibilización social a través do fomento de aptitudes positivas en todos os ámbitos da sociedade, apoia ás asociacións de emigrantes e inmigrantes e axuda a erradicar conflitos e actitudes xenófobas ou racistas que poidan xurdir.