24 septiembre 2008

Pontevedra : a maioría sindical da cidade apoia as medidas económicas do goberno local contra a crise


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os sindicatos UGT e CIG defenden as medidas económicas adoptadas polo Goberno local para tratar de dar liquidez as empresas locais, e piden que otras entidades e administracións imiten o proceder do Concello de Pontevedra
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, Teresa Casal, reuníronse esta mañá cos representantes sindicais de UGT e CIG -xa que CC OO declinou a invitación- para expoñerlles o plan de medidas que o goberno municipal adoptou para tratar de paliar os efectos da crise na sociedade pontevedresa. A axilización da obra pública e a reducción da carga impositiva aos pontevedreses son as principais actuacións que pretenden reactivar a economía e dar liquidez ás empresas poñendo no mercado arredor de 150 millóns de euros nos vindeiros dous anos.

Dende a UGT se agradeceu a comunicación do goberno local e se apuntou que era "un bo camiño para reactivar a liquidez das empresas, especialmente as da construcción". Dende o sindicato o seu secretario local se apuntou que as medidas poden estar complementadas "por outras entidades para tratar de levar a situación do xeito máis levadeiro posible".Pola súa banda, o sindicato CIG calificou as medidas de "francamente boas", e apuntou que "a pesar das limitacións do Concello, se agradece que en época de crise se den pasos nese sentido". E se instou a outras administracións a que segan o exemplo como Deputación, goberno autónomico ou central.