PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz de Educación do grupo parlamentar do BNG, Manuel Parga, vén de rexistrar unha iniciativa na que se interesa polos resultados da aplicación do decreto da lingua no ensino galego.
Tal e como lembra o deputado nacionalista, o decreto que regula o uso e a promoción do galego no ensino entrou en vigor a principios do pasado curso 2007-8 e estabelece que a Administración “avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará un seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación”.
De feito, tal e como se especifica na disposición adicional 5, determínase que o goberno avaliará, ao final de cada curso escolar, os resultados de aplicación do decreto e “desenvolverá cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos, co fin de que poida achegarse gradualmente á plena aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”.
Manuel Parga lembra tamén que o Plan de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade hai catro anos na Cámara Galega, insta á Xunta a estabelecer procedementos que faciliten o “seguimento, avaliación e control do propio Plan, para proceder de seguido a informar con regularidade ao Parlamento”.
O BNG quer, pois, que a Consellaría de Educación avalíe en sé parlamentar “o grao de cumprimento do decreto no pasado curso e explique que medidas se tomaron para garantir o seu cumprimento”.