A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O Pleno do Concello de A Guarda, na sesión ordinaria do pasado venres 26 de setembro, acordou por unanimidade adherirse ó Grupo de Acción Costeira (GAC) nº 7: Ría de Vigo –A Guarda.
Os GAC son asociacións de carácter supramunicipal, formados por entidades sen ánimo de lucro, tanto públicas como privadas, nos que teñen especial relevancia aquelas relacionadas co mundo pesqueiro. O fin destes GAC é o desenvolvemento sostible das zonas costeiras a través da xestión de parte dos FEP (Fondos Europeos de Pesca 2007-2013).
O GAC, ademais de ser o organismo encargado de seleccionar os proxectos que se presenten na súa zona, fomentará e impulsará actividades de promoción de emprego para pescadores fóra do sector; impulsará valor engadido para os productos relacionados co mar; colaborará en actuacións dirixidas á protección do medio natural, etc.
O noso GAC, o da zona 7, está integrada polos seguintes concellos: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.
O Concello de A Guarda, así o entenderon tódolos grupos da Corporación, debía formar parte do GAC e por iso a votación unánime. Pero non é suficiente co paso dado se as distintas asociacións e colectivos que poden formar parte do GAC non se suman á iniciativa, se non presentan proxectos. Por iso queremos facer un chamamento á participación e á presentación de proxectos, cando chegue o momento, que permitan aproveitar no noso concello os cartos dos Fondos Europeos de Pesca.