MADRID (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a acordar coas Comunidades Autónomas, antes de que remate o ano, os níveis de financiamento da lei de Dependencia para o ano 2009.
A deputada nacionalista demanda que se estableza, no seno do Consello Territorial da Dependencia, un debate entre as CC.AA e o Estado para chegar a acordos sobre as necesidades financeiras do sistema “a fin de evitar os desfases e retrasos que se produciron neste ano”.
Actualizar o número de persoas dependentes
Ademáis, solicita na súa iniciativa que o Goberno revise coas CC.AA as estimacións de número de persoas con dependencia inicialmente contempladas no Libro Branco, co propósito de actualizalas “tendo en conta a realidade que a posta en marcha da lei evidenciou e que, como no caso de Galiza, difire moitos da estimación inicial”.
Davila afirma que o desenvolvemento da lei de Dependencia puxo de manifesto nas distintas Comunidades Autónomas que as previsións da memoria económica que acompaña a lei “ficaron desfasadas. Até tal punto que a propia Administración do Estado recoñece esta insuficiencia cando incorpora xa máis recursos para o 2008, pero seguen a ser deficitarios”.
Galiza supera as previsións
Pón de manifesto que no caso de Galiza “o Libro Branco estimaba que habería 16.500 grandes dependentes, cando resulta que a Administración galega xa avaliou máis de 23.000 persoas”. Recalca que o problema da insuficiencia financeira por parte do Estado se agudiza no territorio galego coa reducción do nivel acordado en 20 millóns e ao mesmo tempo, “eliminando o Plano Xerontolóxico, o que supón unha merma de máis de 6 millóns. Significa este feito que no ano 2008 Galiza conta con 4 millóns menos de financiamento estatal para atender ás persoas en situación de dependencia”.