SILLEDA (MORRAZO-tribuna).- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, José Luis Méndez Romeu, afirmou hoxe que o financiamento da Fundación está sobre o millón e medio de euros. O titular de Presidencia fixo estas declaracións en Silleda trala reunión do padroado da mesma.
Ademais, Méndez Romeu explicou que a Fundación ten unha “necesidades importantes de financiamento a curto prazo”. Neste sentido, engadiu que o Goberno galego está avaliándoas e que “haberá un compromiso financeiro da Xunta tanto para rematar o exercicio actual como para levar adiante o do 2009”.
“É moi difícil que un recinto feiral poida ser autofinanciado. Ao que aspiramos é a que sexa rendible na economía galega e socialmente e que teña o nivel de autofinanciamento progresivo que sexa posible”, dixo o conselleiro.
Futuro da Fundación
Unha comisión executiva levará adiante o programa feiral nos próximos meses, segundo avanzou o titular de Presidencia. Ademais, Méndez Romeu afirmou que este programa será “comprometido” e terá como obxectivos máis inmediatos a celebración das feiras de maquinaria agrícola, de turismo e da Semana Verde. “Son eventos que continuarán co seu programa de traballo”, declarou o conselleiro.
O titular de Presidencia lembrou que nunha sesión anterior xa fora contratada a elaboración dun plano de viabilidade e dun plano estratéxico e dixo que hoxe se tomou coñecemento do estado actual dos traballos. Nas próximas semanas a comisión executiva e os responsables deses proxectos fixarán as liñas prioritarias de traballo e levarán o documento definitivo á consideración do padroado, afirmou. De todos xeitos, Méndez Romeu dixo que as liñas xa son coñecidas e que pasan pola programación de novos eventos feirais e por unha explotación dos mesmos que os dote de actividades non só feirais senón tamén congresuais, con perspectivas doutro tipo que redunden na potenciación do mesmo evento feiral e nunha maior afluencia de público.
Ademais, o conselleiro subliñou a “plena convicción” e o “compromiso” da Fundación e do seu padroado para “levar adiante o funcionamento desta institución de xeito que recupere o papel que lle corresponde no panorama feiral de Galicia” e para que consiga ser “unha feira verdadeiramente internacional, que sirva ao desenvolvemento económico e social da comarca do Deza”.
Ante preguntas dos medios de comunicación, o conselleiro explicou que o control de viabilidade non entrou a considerar “en ningún caso” a modificación do cadro de persoal. Neste sentido, Méndez Romeu afirmou que a Fundación agarda dos traballadores “un compromiso firme, activo, cos novos obxectivos e coa necesidade de levantar este recinto”. “Debemos abordar a nova etapa co obxectivo ambicioso de facer aquí un gran recinto feiral. Para iso contamos cos traballadores”.
Novo padroado
Méndez Romeu explicou que hoxe tomou posesión o novo padroado –cuxos membros exercen todos o seu cargo de modo altruísta- e que este decidiu a estrutura de dirección, propuxo a constitución dunha comisión executiva, nomeou o vicepresidente –Casto Varela Gesto, director da área de Promoción, Innovación e Información Empresarial do IGAPE-, aprobou a contratación dunha asistencia técnica para levar adiante a xestión durante os próximos meses ata a incorporación do novo director e pactou un acordo sobre a extinción da relación laboral de José Maril Sánchez, ex presidente da Fundación.
A comisión executiva –explicou o conselleiro- está formada por Casto Varela Gesto, Santiago Roura Gómez, secretario xeral da Consellería de Presidencia, e José Maril Sánchez, en representación da Asociación de Amigos da Semana Verde. En canto ao novo director, Méndez Romeu dixo que se iniciarán os traballos de selección “de inmediato” e que se calcula un período de “tres ou catro meses”.
Ex presidente
Doutra banda, o conselleiro afirmou que hoxe se acordou a extinción da relación laboral de José Maril Sánchez, ex presidente da Fundación. Dixo que esta extinción foi pactada “con arranxo a dereito” e, polo tanto, dará lugar a unha indemnización “importante” polo tempo traballado, nos termos previstos pola lexislación laboral. “Esta será abonada de acordo co calendario de financiamento da propia Fundación”, engadiu.
O conselleiro de Presidencia explicou que José Maril tivo unha retribución superior aos 100.000 euros e que estivo “moitos anos ao fronte desta institución”. Polo tanto, a indemnización “poderá significar ao redor de dous anos de salario”, suxeitos aos descontos correspondentes, anunciou.