VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Na Fundación Menela (Edificio CAMI, Rúa da Laxe, nº3, Vigo) tivo lugar o acto de presentación do “curso de coidados domiciliarios a persoas dependentes”. Contou coa asistencia das alumnas e alumnos que inician o curso e así como coa presencia e intervención de:
- Elena González Sánchez – Presidenta da Federación Veciñal “Eduardo Chao”.
- Cipriano Luís Jiménez – Director Xeral da Fundación Menela.
- Mª José Thomás – Coordinadora Plan de Inclusión Urbano de Vigo.
O curso está organizado pola Federación Veciñal “Eduardo Chao” en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, enmarcado no II Plan Galego de Inclusión Social, segundo a Orde do 7 de febreiro de 2008. É completamente gratuíto, levarase a cabo entre o 29 de setembro e o 21 de novembro na Fundación Menela. Está dirixido a aquelas persoas que dedican tempo ao coidado dos dependentes da súa familia, especialmente ás mulleres con maior necesidade de inserción laboral e/ou social.
As súas 160 horas teñen como obxectivo formar ás persoas participantes en técnicas de atención a persoas dependentes nos ámbitos físico, psíquico e social, así como en tarefas de alimentación, hixiene, sanitarias e administrativas. Mobilizacións, masaxes, administración de medicamentos, técnicas de socorrismo..., son algúns dos contidos prácticos que serán apoiados por un soporte teórico no que se estudiarán as enfermidades habituais do ancián, técnicas de enfermería, conceptos de farmacoloxía...
Este curso busca mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, que obterán un coñecemento específico que lles axudará a desenvolver a súa labor dun xeito máis profesional e optimizando o seu tempo, así como tamén mellorar a calidade de vida daquelas que están ao seu cargo, que recibirán un mellor servizo. De xeito complementario, a formación obtida capacita ao alumnado para desenvolverse profesionalmente no eido da atención ás persoas dependentes.