PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Ponteareas volveu novamente a acusar ao alcalde de Ponteareas, Salvador G. Solla (PP) de crear conflictos e confrontación cos veciños/as de Cillarga. Os nacionalistas acusan ao alcalde de “instalarse no enfrontamento en lugar de buscar o diálogo cos veciños que sufren problemas graves, como os afectados pola canteira de Cillarga”. O Alcalde suspendeu o pleno de onte cando se debatía aínda o primeiro asunto do orde do día, ante as protestas dos veciños e veciñas de Cillarga que reclamaban ao rexedor municipal solución para a problemática que sofren.
O BNG lembra que “a canteira de Cillarga foi pechada por ser ilegal baixo o goberno municipal do BNG, pero agora, con Solla e o PP preténden reabrir”. O BNG considera “comprensíbel a reacción veciñal, porque a canteira é un perigo claro para á calidade de vida dos veciños de Cillarga” e cualificou de “provocadora e desprezativa” a actitude do alcalde González Solla “que volveu a rexeitar a proposta do portavoz municipal do BNG, Bolívar González, para que o alcalde se comprometese no pleno a reunirse cos afectados ao día seguinte”. Segundo o BNG, “o alcalde preferíu a ameaza e a provocación ordeando á policía local expulsar aos veciños, co ánimo claro de xustificar así a suspensión do Pleno e evitar o debate sobre os temas que o BNG levaba ao pleno".
Segundo o BNG, con esta atitude do alcalde, "que se leva repetindo durante todo o ano, priva aos veciños dos plenos e dos temas que nel se debaten ao mismo tempo que se limita o traballo da oposición". O BNG levaba varias iniciativas de actualidade e interese para os veciños, como era a moción de comparecencia do alcalde donde se lle piden explicación sobre a situación na que se atopa o expediente do adro de Guillade e a iniciativa na que se propón que a Corporación apoie ás alegacións presentadas polos colectivos sociais ao Plan sectorial Vigo Íntegra, manifeste o seu rexeitamento ao mismo e solicite da Consellaría de Política Territorial a súa suspensión no que atinxe ás actuacións previstas no Concello de Ponteareas para que se inicie un proceso de interlocución social cos colectivos veciñais e o Concello.
O BNG insta ao Alcalde, Salvador González Solla a reunirse cos veciños/as de Cillarga para solucionar o problema da licenza da canteira, que tanto lles preocupa por supoñer un grave perigo pola sua proximidade as casas, afectar a sua calidade de vida e atentar contra o patrimonio arqueolóxico da zona. O BNG solicita do Alcalde a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para debatir todos os asuntos que están quedando pendentes nos últimos meses pola suspensión dos plenos e que este se convoque ás 8 da tarde para facilitar a asistencia dos veciños.