VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Na xuntanza do sábado a Comisión Permanente da COGAVE acorodou de xeito unánime manifestar publicamente o seu malestar. Por segunda vez o Alcalde Vigo rexeita calquer contacto co Movemento Veciñal de Galicia
A Confederación de Asociacións Veciñais de Galicia (COGAVE) lamenta o desplante que por segunda vez consecutiva nun mesmo ano o Alcalde de Vigo lle da aos representantes das 11 Federacións Galegas de Asociacións Veciñais que conforman a COGAVE.
O pasado sábado 27 de setembro reuniuse en Vigo a Comisión Permanente da COGAVE co Teniente Alcalde do Concello de Vigo e os representantes da Deputación de Pontevedra. A intención da Confederación Galega era manter tamén un encontro co alcalde de Vigo que lle foi socilitado por rexistro o pasado 8 de agosto; unha invitación da que nunca obtivemos contestación. É a segunda vez que o Alcalde rexeita reunirse coas federacións galegas xa que tampouco asistiu ao Congreso da COGAVE celebrado en Vigo o pasado mes de abril.
A reunión do pasado sábado forma parte dunha rolda de encontros cos alcaldes das principais cidades de Galicia. Deste xeito xa se produciron reunións cos alcaldes de Pontevedra, Ourense e está concertada unha xuntanza co alcalde de Lugo para o vindeiro 15 de novembro. É o de Vigo o único alcalde que non contestou á solicitude de entrevistarse co movemento veciñal de Galicia. A COGAVE lamenta a actitude do alcalde de Vigo por ser a única alcaldía de Galicia que mostra este desprezo polo movemento veciñal galego e pola falta de recoñecemento da representatividade democrática das Federacións que integran a Confederación Galega.
Estes encontros están orientados a achegar os acordos aprobados no Congreso da COGAVE, que tivo lugar os pasados 5 e 6 de abril en Vigo e que contou coa presencia de máis de 400 persoas procedentes do movemento veciñal de toda Galicia, manter o contacto coas alcaldías para elaborar estratexias de comunicación e colaboración do movemento veciñal co goberno así como sirven para expoñer as principais reivindicacións da Federación Veciñal da cidade correspondente na que ten lugar o encontro.
Agradecementos
A COGAVE agradece a atención prestada pola Tenencia de Alcaldía e Deputación de Pontevedra que si se reuniron na mañá do sábado cos representantes da Confederación; unha xuntanza na que se tenderon pontes de colaboración, entendemento e recoñecemento ao traballo activo do movemento veciñal galego en defensa dos dereitos da cidadanía e ao traballo pola mellora da convivencia e calidade de vida dos nosos barrios.