VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Cambados , José Manuel Cores, recibiron na adega Martín Codax ó xornalista italiano especializado en enoloxía, Antonello De Cesare, que visita estes días as Rías Baixas dentro do programa de “press trip” organizado por Turismo Rías Baixas.
Antonello, membro da Asociación Italiana de Sommelier di Roma, redactor de Bibenda, de Enopress e de Guida Duemilavini (prestixiosas revistas italianas de tirada nacional e internacional) foi invitado por Turismo Rías Baixas para descubrir a cuna dos caldos DO Rías Baixas que cada vez cobran máis protagonismo no panorama internacional.
Segundo explicou o propio Antonello en Italia existe un coñecemento dos atractivos de Galicia pero no campo da enoloxía os viños das rías baixas aínda están por descubrir. segundo explicou en Italia existe un importante mercado de viños, unha gran produción de brancos, polo que os vinos de outros lugares non son coñecidos pola maioría da poboación, aínda que si por círculos máis reducidos de xente que se dedica ó mundo do viño.
A pretensión do xornalista será dar a coñecer un caldo de gran calidade como é o albariño a través da publicación de reportaxes nas revistas especializadas nas que traballa. Pola súa banda, a Deputación Provincial de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas na súa aposta polo enoturismo como un dos grandes eixos turísticos das Rías Baixas, apostou pola organizacion deste press trip con Antonello De Cesare, especialista en enoloxía.
De Cesare permanecerá unha semana nas Rías Baixas onde terá a oportunidade de visitar o Museo do Viño; adegas pequenas do Salnés; Salvaterra de Miño; As Neves; A Guarda; Baiona, etc.