VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia -061 asistiu durante a fin de semana a un total de 127 persoas debido a 92 procesos de asistencia por accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres 19 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo 21 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 47 procesos asistenciais.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 107 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 92 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 127 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 63 por cento e a de mulleres do 37 por cento. No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 50 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 34 anos.
Por provincias, unha fin de semana mais, foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 48 sinistros durante os desprazamentos destas datas.