PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra sacou hoxe, por un prazo de trinta días hábiles, ó trámite de información pública o proxecto de trazado dos tramos I e II do trazado oeste a Montecelo e o seu pertinente estudo de impacto ambiental.
O proxecto de trazado, inicialmente xa aprobado e incluido no Plan de Estradas Provinciais do periodo 2007-2011, afecta no tramo I da estrada PO-223 á avenida de Buenos Aires, e o tramo II corresponde á PO-223 Porta do Sol - N-550 avenida do Médico Ballina.
Na vindeira semana a Deputación realizará unha presentación pública do plan de acceso a Montecelo coa nova ponte sobre o río Lérez incluida.
Esta obra que hoxe sale a exposición pública foi adxudicada á Unión Temporal de Empresas (UTE) Traima-Sercoysa por un importe de execución por contrata de 4,6 millóns de euros e unhas melloras comprometidas de 1 millón de euros, o que supón unha inversión total na construcción da nova ponte de 5,6 millóns.
A adxudicación tén un prazo de execución de doce meses e o compromiso de execución da cimentación coa previsión dunha futura ampliación da sección tipo para acoller catro carrís.
A solución adxudicada consiste nun viaducto de 110 metros de luz entre apoios. A ponte terá 180 metros de largo e os pilotes medirán 25 metros nunha marxe e 20 metros noutra. O acueducto terá unha sección de 13 metros de anchura con dúas beirarrúas de 2 metros de ancho e 2 arcéns de un metro. A calzada será de 7 metros con dous carrís de 3,5 cada un. A intensidade de circulación prevista é de 3.000 vehículos diarios.