FORCAREI/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe ó alcalde de Forcarei, David Raposeiras, que o vindeiro mes de outubro iniciaránse as obras de ensanche e mellora da estrada Soutelo-Ratel, adxudicadas a Pavimentos de Meaño en 160.000 euros.
No curso dunha xuntanza mantida no Pazo Provincial, Raposeiras demandou a colaboración da institución provincial para mellorar o acceso a Forcarei, dende a estrada Folgoso-Silleda, e, en particular a rectificación e mellora de seguridade vial na curva da Arenta. Neste capítulo de infraestructuras viarias, outras actuacións da Deputación, demandadas polo alcalde, terán lugar no vial Cerdedo-Santo Domingo no que se executará unha nova capa de rodadura, e na estrada Vinseiro-Casetas, na localidade de Rozados e no ensanche da ponte sobre o río Umia.
Outra das solicitudes de Raposeiras foi a construcción, por parte da Deputación, dun vial de acceso ó polígono de Vilapouca que o Concello de Forcarei pretende ampliar.
Respecto da transferencia á Xunta do tramo Cachafeiro-Vilapouca, Louzán informou ó alcalde que a Xunta demandou á Deputación que transferise o tramo A Estrada-Cachafeiro, xa arranxado, pero non a súa continuidade ata Vilapouca. Sinalou que deste último tramo, Cachafeiro-Vilapouca, a Xunta redactou fai tres anos un proxecto de mellora que non executou. Louzán indicou que a Deputación é favorable a que se transfira á Xunta todo o vial, dende A Estrada ata Vilapouca.