PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- No Día Europeo Sen Coches, Adenco lamentaba a falta de compromiso da Administración Local na Comarca do Condado coa mobilidade sostible. Non hai ningún tipo de iniciativa sobre a cuestión, nen moito menos plans serios e consensuados nos Concellos. Porén, as medidas que se adoptan no desenvolvemento territorial inciden unha e outra vez en meter o coche na cidade, onde o peón, os nenos e os maiores son obstáculos á velocidade.
No Condado, denuncian os ecoloxistas, non hai medidas reais que fomenten o uso do transporte colectivo, situación á que tamén contribúen ás empresas do sector, e as Administracións en ningún momento crean alternativas ao uso do vehículo privado.
O caso paragdimático é o Concello de Ponteareas, onde a Administración Local invirte cartos públicos en peonizar rúas e prazas para logo ceder ás presións de comerciantes sen visión de futuro e crear carrís habilitados que atravesan prazas peonís, instaurando mesmo unha zona de aparcamento dentro dunha zona á que só deberían acceder os residentes e a carga e descarga.
Aire limpo para todos e un ano de Masa Crítica en Ponteareas
A semana europea da mobilidade ten como lema “aire limpo para todos”, incidindo no enorme número de enfermidades que provoca a mala calidade do aire que respiramos, cuestión que ten que ver co insostible sistema de transporte no que vivimos, onde o vehículo particular é o rei indiscutible da estrada.
Adenco celebrará este venres 26 de Setembro, a partir das 21h e desde a Praza da Igrexa, o primeiro aniversario da Masa Crítica de Ponteareas, unha iniciativa que avoga polo fomento do transporte colectivo e a intermodalidade, onde a bici xoga un papel fundamental, pois a maioría dos nosos desprazamentos son sensiblemente inferiores aos cinco quilómetros, distancia na que a bici ten demostrado con creces ser o medio de transporte máis eficiente.