VIGO (MORRAZO-tribuna).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, trasladou hoxe á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, as necesidades e demandas que a cidade ten que ver satisfeitas nos orzamentos do Estado que están en fase de elaboración. Ambos coincidiron en que co 8% de investimento previsto para Galiza en materia de infraestruturas non será suficiente para cumprir os prazos cos que o Goberno se ten comprometido con Vigo. Olaia Fernández adiantou que se non se incrementa esa cifra os nacionalistas non apoiarán as contas.
Santi Domínguez lembrou que o propio presidente do Goberno tense comprometido a que o AVE chegue a Vigo no 2012 e que as obras do Eixo Atlántico estarán rematadas no 2013, pero sinalou que técnicos e especialistas teñen manifestado que con ese 8% será imposible cumprir os prazos. Olaia Fernández indicou que con ese ritmo de investimento a chegada do AVE, por exemplo, adiaríase ata o 2015.
A A-57 é outra das reivindicacións que o BNG pon de novo no debate orzamentario. Santi Domínguez dixo sobre esta infraestrutura que “non podemos seguir con viravoltas, teñen que aparecer partidas concretas. Sempre se vendeu como a alternativa natural á autoestrada e tense que axilizar o proxecto”. Outra vella demanda é a nova autovía Vigo-Porriño, unha vía fundamental para Vigo, que segundo o tenente de alcalde “é hora xa de que se execute”.
Nas demandas que a deputada nacionalista se comprometeu a defender tamén figura seguir incrementado as partidas orzamentarias para a ampliación e mellora do aeroporto de Peinador. O tenente de alcalde sinalou que diante dos momentos de crise que estamos a vivir é aínda máis importante contar cos recursos necesarios para garantir os prazos de execución desas obras. Santi Domínguez manifestou que “temos que seguir insistindo para conseguir máis recursos e acelerar as obras”.
Un aspecto fundamental para os nacionalistas son tamén as partidas que se van destinar á materia medioambiental. Consideran fundamental que exista consignación suficiente para abordar na súa totalidade o saneamento integral da ría e que exista un compromiso “serio e claro” sobre a nova depuradora de Vigo. “Hai que desbloquear calquera impedimento que poda existir, como a necesidade de máis terreos, para que esa infraestrutura vital para a nosa cidade é para o futuro da nosa ría poda executarse”, explicou o tenente de alcalde.
A este respecto Santi Domínguez salientou que nos orzamentos do 2008 foi grazas ao labor do BNG que se incluíu unha partida específica para a depuradora, grazas á que se ten avanzado na elaboración dos proxectos. Segundo anunciou a deputada nacionalista, o Goberno tense comprometido a iniciar as obras a finais deste ano ou principios do 2009.
Outra das demandas que puxo enriba da mesa o tenente de alcalde foi que se inclúa nos orzamentos o Paseo Marítimo de Alcabre. “O ano pasado conseguimos que aparecera, por fin, o Paseo Marítimo de A Guía e este ano queremos unha partida para o de Alcabre e así completar o paseo litoral da cidade”, indicou.
Santi Domínguez e Olaia Fernández fixeron especial mención á necesidade de que se incremente a aportación do Estado a Galiza en materia de gasto social, especialmente para o desenvolvemento da Lei da Dependencia. O tenente de alcalde explicou que en Vigo estase a facer un grande essforzo para mellorar a rede de atención e poñer en marcha novas inciaitivas, pero “ese esforzo, que estamos facendo co apoio da Xunta, non se vai poder seguir incrementado se non chegan máis recursos”. A deputada do BNG explicou que o Estado ten previsto destinar á Lei da Dependencia 1.200 millóns de euros e considera que Galiza non pode pasar por menos que recibir o 10% desa cantidade.
Santi Domínguez explicou que con estas demandas o BNG “está abandeirando as reivindicacións de toda a cidade, porque nós non temos que rendir pleitesía ante ninguén e defendemos aquí o mesmo que en Madrid”. Lembrou a débeda histórica que existe coa cidade e reiterou que a crise económica que estamos a pasar non pode ser “desculpa” para que nos orzamentos non se recollan as partidas suficientes para avanzar nos proxectos pendentes na cidade. “É certo que nos últimos anos, grazas ao traballo do BNG, tense mellorado, pero a débeda histórica con Vigo sigue presente”, precisou.
Olaia Fernández salientou que, aínda que os proxectos e infraestruturas para os que se vai esixir maior investimento son vellas demandas, ten sido a presión e o seguemento estreito que o BNG premitiu que se atopen no nivel de desenvolvemento actual. Así lembrou, como exemplo, que tanto a saída sur como o feito de que xa existan proxectos para a nova depuradora foron “empeños” dos nacionalistas que conseguiron que se aprobaran as súas enmendas para que houbera partidas concretas. “Agora voltaremos a facer presión para que o investimento no 2009 sexa o axeitado”, precisou.