PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Deputación Provincial de Pontevedra publicou onte no Boletín Oficial da Provincia unha bolsa de Mestre Canteiro con destino á Escola de Canteiros que realizará tarefas de colaboración en traballos de cantería en xeral.
Segundo recollen as bases da convocatoria, poderá ser beneficiarios desta bolsa aquelas persoas que posúan o título de Mestre Canteiro e, entre outros requisitos, non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidades que poidan impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
Esta bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros ó mes que serán abonados a partir da incorporación do bolseiro por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa.
As instancias solicitando tomar parte no concurso presentaranse no rexistro da Escola de Canteiros no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A DEPUTACIÓN SACA A CONCURSO POR 147.378 EUROS A DOTATACIÓN DE BUTACAS PARA A SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro de mobiliario para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra. O tipo de licitación ascende a 147.378 euros.
No salón de actos está prevista a colocación de 242 butacas con acabado en tela. A fixación dos asentos ó chan realizarase mediante zócalos metálicos resistentes a roces e erosións.

A DEPUTACIÓN ADXUDICALLE Á EMPESA NEWCOURT FINANCIAL ESPAÑA O ARRENDAMENTO E O MANTEMENTO DOS SEUS ORDENADORES
A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe adxudicarlle á empresa Newcourt Financial España o concurso para o arrendamento e mantemento de ordenadores para a institución provincial e organismos autónomos.
O custe do servizo, que variará en función do modelo de ordenador, será de 31 euros ou de 40 euros ó mes e o custe do mantemento ascenderá a 5 euros ó mes.
Segundo explicou o portavoz do Goberno provincial, o prezo variará en función dos servizos que se soliciten, non obstabte, esta fórmula “suporá un importante aforro para a Deputación”.