VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os representantes do movemento veciñal de Galicia reúnense mañá, sábado 27 de setembro ás 10.30 horas cos membros da Deputación de Pontevedra na súa sede de Vigo na rúa Oporto. A continuación ás 11.00 horas serán recibidos polo Tenente Alcalde do Concello de Vigo nas dependencias de Tenencia de Alcaldía no mesmo Concello de Vigo.
Estas xuntanzas están orientadas a que os representantes das Federacións de Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Santiago, Lugo, Ferrol, Cangas e Val Miñor que integran a COGAVE dean a coñecer as liñas de traballo e inquedanzas do movemento veciñal de Galicia así como a abordar problemáticas concretas da cidade de Vigo, achegando outras experiencias e desde a perspectiva arriquecedora do movemento veciñal galego.
A COGAVE continúa as súas xuntanzas cos responsables municipais dos diferentes Concellos representados; nesta liña xa se mantiveron encontros cos dirixentes dos Concellos de Pontevedra, Ourense e a Coruña; é agora o turno de Vigo.
Estas reunións están orientadas a presentar e dar a coñecer o traballo da COGAVE que nos últimos anos promoveu iniciativas tan importantes como a supresión do imposto de sucesións, traballa cumprimento da lei de incompatibilidades para a mellora da calidade asistencial da sanidade pública en Galicia…. As xuntanzas tamén teñen como fin abordar de xeito conxunto as diferentes problemáticas locais (medioambientais, urbanísticas, servizos…) das Federacións Veciñais que integran a COGAVE.