BRUSELAS (MORRAZO-tribuna).- Coincidindo coa celebración mañá do Día Europeo das linguas, o BNG denuncia que a lingua galega aínda non é lingua oficial no Parlamento Europeo. A Mesa desa institución comunitaria, impide que as linguas galega, vasca e catalá non poidan ser usada polos eurodeputados e eurodeputadas de Galiza, Euskadi e Catalunya, á pesar da cooficialidade destas linguas nos respectivos paises.
Esta reivindicación, defendida polo BNG dende 1999 coa súa entrada na Eurocámara, está sendo impedida polo PP español na Mesa do Parlamento Europeo, a única institución onde non se pode usar o galego. Isto contrasta coa actual posibilidade de uso, con previa comunicación, no Consello de Ministros da Unión Europea, na Comisión Europea, no Comité das Rexións, ou nas denuncias dirixidas ao Defensor do Pobo.
A voceira en Bruxelas do BNG, Ana Miranda, lembra que esta decisión vulnera o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa. “Agardamos que as futuras eleccións ao Parlamento Europeo de xuño do 2009 muden a configuración da Eurocámara para termos máis presenza as forzas nacionalistas e que o BNG recupere o escano para poder seguir defendendo os intereses de Galiza e na nosa lingua”, afirma. “Constátase que nen o PP nen o PSOE van facelo, pois sendo Presidente do Parlamento Europeo o socialista Josep Borrell perdeuse a oportunidade para o recoñecemento pola Eurocámara das tres linguas cooficiais no Estado español".