MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno do Concello de Moaña, con data 15 de setembro de 2008 aprobou obras de saneamento por valor de 200.000 Euros que serán financiados -na súa totalidade- pola Consellería de Medio Ambiente. En Fontes conectaranse a rede de saneamento municipal un total de 18 vivendas; no Igrexario de Tirán serán 14 vivendas e no lugar de A Pontella serán 10 vivendas.