MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou hoxe que “o PSOE comezou a lexislatura sen recabar apoios para a investidura de Zapatero pese a situación de debilidade parlamentar, e agora, nun contexto de crise económica, reincide nos seus erros elevando o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2009 ao Consello de Ministros sen ter acadado previamente as maiorías parlamentares que lle dean soporte”.
O deputado do BNG realizou estas afirmacións despois de coñecer as grandes cifras e porcentaxes das contas do Estado que se aprobaron esta mañá no Consello de Ministros.
Insuficiente gasto social que non garante a marcha da lei de Dependencia
Jorquera considerou “insuficientes os incrementos anunciados en materia social xa que non aseguran o financiamento necesario para un adecuado desenvolvemento da lei de Dependencia”. Engadiu que o aumento da porcentaxe en gasto social, nun contexto de crise económica, “resulta escaso e pouco ambicioso nunha situación de retroceso que precisa do impulso das políticas sociais, sobre todo, para aliviar a carga económica ás clases sociais máis desfavorecidas”.
A aposta en infraestruturas debería ser máis ambiciosa para afrontar a crise
No que atinxe ao nivel de gasto acordado para as infraestruturas, o parlamentar nacionalista subliñou que “o Goberno debería realizar unha aposta seria por aumentar a obra pública, como elemento de reactivación económica para facer fronte á crise”.
Afirmou que “un dos obxectivos do BNG no proceso de negociación iniciado co Goberno é o de aumentar as partidas en materia de infraestruturas para Galiza. Nese eido, concentramos especialmente os nosos esforzos”.
Un I+D+I “practicamente conxelado”

Tamén salientou “a pouca aposta polo I+D+I, igualmente tocada pola política de austeridade, cuns fondos que están practicamente conxelados cando o desexábel sería unha maior aposta pola innovación a fin de reorientar o modelo productivo español”.
O portavoz nacionalista no Congreso centrou a súa avaliación “na necesidade de incrementar o investimento público en materia social, na economía productiva e no I+D+I” e, desde logo, sinalou “a contracción e a austeridade non deberían ir parar a estes ámbitos porque son piares fundamentares para reactivar a economía”.