VITORIA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, acudiu esta mañá ao Alderdi Eguna, a festa do Partido Nacionalista Vasco. En declaracións aos medios neste evento, fixo referencia ao debate sobre os orzamentos do Estado que se abre tras a presentación do borrador no Consello de Ministros.
Nesa liña, contrastou a “posición decisiva do BNG en Madrid” coas mans libres para tentar mellorar os orzamentos e para votar a favor ou en contra segundo o conseguido, coa dos deputados do Partido Popular de Galiza nas Cortes. Acusou ao Feijoo de, como facía Fraga, non quere contestar certas preguntas: “Emprazo ao señor Feijoo a dicirlle aos galegos e ás galegas por que non fai o mesmo que o Partido Popular de Navarra (UPN), que está amosando a súa disposición ao diálogo e mesmo a votar a favor dos orzamentos se son bos para Navarra”.
“A que ven esa postura do señor Feijoo? O señor Feijoo ten que demostrar se quere ser útil para Galiza ou se quere ser unha forza inútil, que se limite a defender o que o señor Rajoy teña que facer en Madrid”, afirmou.
Porén, Quintana, sinalou que o borrador de orzamentos “é pouco ambicioso” e comprometeuse a empregar a capacidade de diálogo do BNG “para sermos ambiciosos e mellorar estes orzamentos; para o conxunto do Estado e para Galiza”. Enfatizou de novo que “somos a única representación de Galiza que podemos dicir que traballaremos en Madrid con carácter autónomo: votaremos a favor dos orzamentos se conseguimos melloralos e se finalmente atenden aos intereses de Galiza e votaremos en contra se non é así”. “Agora é o momento para a política con letras maiúsculas, que pasa polo diálogo e pola vontade de chegar a acordos”, resaltou.
Así mesmo, o dirixente nacionalista sinalou que “se Galiza está presente no Estado, se inflúe en Madrid, é grazas ao BNG”.
Galeuscat é a alternativa ao actual modelo de Estado
O portavoz nacional do BNG sinalou, na histórica festa do PNV, “a satisfacción de estar aquí de novo. Esta é unha oportunidade máis para amosar a nosa solidariedade con Euskadi e coas xustas reivindicacións do pobo vasco, así como o noso sinal inequívoco de amizade co Partido Nacionalista Vasco”.
“A relación fraternal que temos as forzas de Galeuscat é boa para Galiza, para Catalunya, para Euskadi, mais tamén para o conxunto do Estado español. A única maneira de chegar a un acordo de convivencia razoábel, na que todos nos poidamos sentir a gusto, é que o estado español se recoñeza como o que é, como un estado plurinacional. E a única alternativa ao modelo de estado que, con matices, defenden PP e PSOE é a que propoñemos as forzas políticas que compoñemos Galeuscat”, segundo Anxo Quintana.
Nacionalismo, benestar e espazos de libre decisión
O vicepresidente do goberno galego sinalou que o nacionalismo está entrando nunha nova etapa, na que o proxecto nacionalista vai unido á consecución de benestar para os cidadáns. “O proxecto nacionalista vai ligado á defensa da identidade das nosas nacións, pero sobre todo á xeración de benestar. Na medida en que sexamos capaces de crear espazos de libre decisión nos nosos ámbitos nacionais teremos moitos máis instrumentos para xerar benestar”, enfatizou Quintana.