28 septiembre 2008

O COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL RECOÑECE A LABOR DA DEPUTACIÓN EN FAVOR DO DEPORTE




PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os deportistas olímpicos e paralímpicos pontevedreses David Cal, Santi Pérez, David Gómez, Pablo Cimadevila, Chano Rodríguez, Teresa Portela, Sonia Molares, familiares de Echávarri, Antón Paz, Tamara Abalde e Carlos Pérez participaron na fin de semana nunha gran festa olímpica organizada pola Deputación na avenida de Montero Ríos. No acto participaron tamén o ciclista Óscar Pereiro e o presidente do Comité Olímpico Español (COE) Alejandro Blanco.
No transcurso do acto, Alejandro Blanco, entregoulle ó presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán unha placa en recoñecemento á labor que desenvolve a institución provincial en favor do deporte a través da cal Blanco quixo poñer de relevo especialmente a implicación de Louzán no ámbito deportivo.
Na súa sinatura no libro de honor da Deputación pódese ler “un mundo un sueño era el lema de Pekín. Un sueño es para mi este momento. En un mundo, Galicia, rodeado y acompañado de mis admirados y queridos deportistas y bajo la coordinación del presidente de la Diputación, Rafael Louzán, ejemplo de amor al deporte” Pontevedra forma parte importante de mi trayectoria profesional y siempre está y estará en mi corazón”. Gracias a todos.
Pola súa banda, o titular da Deputación, Rafael Louzán, aseverou que a Deputación incrementou nos últimos anos os seus esforzos no referente ó deporte coa construcción de novas infraestruturas que facilitan a práctica deportiva e, sobre todo, que posibilitan o acceso de todos os cidadáns da provincia a boas instalacións, independentemente de si viven nunha gran cidade ou no rural. Non obstante, Louzán comentou que a Deputación tamén destina importantes contías económicas ós 1.000 clubs deportivos existentes na provincia, unha labor que considerou “moi necesaria e dematnada polos clubs” pero que moitas veces non se valora tanto como a construcción de infraestruturas.
“Apoiamos antes, durante e despois das Olímpiadas os deportistas olímpicos e paraolímpicos·, afirmou Louzán, “porque é de xustiza, porque son a mellor expresión da nosa xuventude e o mellor exemplo para ela e porque así lles garantizamos as condicións para que poidan entrenar e desarrollarse”.
Miles de rapaces achegáronse ó longo do día ás inmediacións do Pazo Provincial para homenaxear ós deportistas olímpicos e paralímpicos, así como para participar nas numerosas actividades de ciclismo, piragüismo, patinaxe, fútbol, e balonmán, entre outras, que se organizaron no marco da primeira Festa Olímpica da Provincia.