VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) -Sobre os atentados de ETA, o BNG tornou público un comunicado que explica o seguinte : "O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis profunda repulsa pola acción criminal de ETA que lle custou a vida ao brigada Luís Conde de la Cruz e manifesta a súa solidariedade coa familia e achegados desta nova vítima da barbarie terrorista.
O BNG afirma a súa convicción de que a unidade dos demócratas, que para ser real e eficaz debe incluír no seu seo a todas as forzas políticas con representación parlamentaria nas Cortes Xerais do Estado, será quen de derrotar o terrorismo.
ETA non ten máis porvir que o da súa propia disolución e a súa existencia repugna a conciencia de todos os demócratas. A violencia irracional debe cesar nunha sociedade que ten ao seu dispor todos os resortes para regular a súa convivencia en liberdade.
Sobre o futuro de Euskadi só deben ter a palabra os bascos e as bascas e en nengún caso unha banda terrorista que só sabe sementar a destrución e a morte".