VIGO (MORRAZO-tribuna).- A vicepresidenta provincial, Corina Porro, e o presidente da Fundación Balms para a infancia, Antonio Heredero, asinaron o protocolo de colaboración a través do cal a Deputación de Pontevedra contribuirá con 20.000 euros para axudar a paliar a situación de pobreza dunha das zonas máis deprimidas do Perú, a rexión de Piura.
O acto de sinatura do convenio serviu á vicepresidenta para agradecer “o importante, excelente traballo que ven desenvolvendo a Fundación Balms, que xa recibiu o recoñecemento da Deputación a través do Premio Entreculturas, por mellorar no posible unha situación dramática, a dos nenos do Departamento de Piura, en Perú, que viven no umbral da liña da pobreza”.
Porro analizou tamén os resultados do último informe do Estado da Nenez de Perú, “que recollen datos alarmantes, xa que, dunha poboación total de 10 millóns de niños, 6 millóns viven en situación de penuria. O estudio sinala que destes 10 millóns, o 60% vive en condicións de pobreza extrema e o 25% sufre desnutrición. E o 44% dos menores das áreas rurais non teñen acceso á escolarización, algo que non axuda a mellorar as súas vidas”.
“Se non hai formación”, apuntou a vicepresidenta, “dificilmente se poderá reverter esta situación, saír deste subdesenvolvemento, por iso a Fundación Balms está a realizar unha labor encomiable no eido da escolarización, implantando as instalación necesarias para que estes nenos poidan desfrutar dunha educación que lles permita cambiar as estadísticas”.
Pola súa banda, Antonio Heredero quixo agradecer “á Deputación e especialmente á súa vicepresidenta os esforzos que está a realizar en pos da mellora das condicións de vida dos nenos de Piura, mediante estas axudas que chegarán íntegras, xa que a Fundación Balms, fiel ó seu espírito asume os gastos de administración e transferencia”.
O presidente da Fundación explicou que “o que se busca con esta actuación e complementar un proceso, establecer as dotacións necesarias para o desenvolvemento do deporte e da cultura por parte dos rapaces, que teñan as instalacións adecuadas. E isto haise lograr coa construción dun polideportivo multiusos que dará servizo ós nenos, de xeito que poidan mellorar as súas expectativas de escolarización e desenvolvemento”.
A Fundación Balms, creada en Vigo, xa contribuíu con anterioridade á mellora de vida dos menos favorecidos coa creación dun centro de acollida en Colombia e, posteriormente, coa construción dunha escola en Lima, antes da implantación deste novo edificio multifuncional en Piura.
Porro mostrou a súa satisfacción por ter asinado esta colaboración coa organización viguesa que “contribuirá, a bo seguro, a acadar un mundo máis xusto, máis igualitario, mellor”.