MADRID (MORRAZO-tribuna).- A Ministra de Fomento anunciou hoxe ao BNG no Pleno o “dispór a falar e negociar coa Xunta” o traspaso de tramos que fican en desuso unha vez que entre en funcionamento todo o Eixo Atlántico para establecer servizos de cercanías, pero deixou aberta a cuestión técnica de interconectar os vellos tramos co novo trazado do Eixo. Falou de “operación complexa” porque “se trata de tramos independentes”.
Jorquera interpelaba no Pleno á Ministra sobre a disponibilidade a negociar coa Xunta o traspaso da xestión da rede ferroviaria interior, comezando polos tramos que fiquen en desuso, con vistas á constitución dos cercanías galegos. Magdalena Álvarez ofreceu diálogo ao BNG, afirmando que “non temos inconvinte en chegar a un acordo para transferir os tramos en desuso” máis insistiu no problema de que hai tramos totalmente novos que non van sobre o trazado vello, e que son independentes do antigo. “O que plantexa só sería posíbel se se independiza unha vía da outra” afirmou a Ministra.
O BNG pede a interconexión dos tramos vellos cos novos do Eixo
En referencia a esta cuestión, Jorquera respostou á Ministra que “para operativizar os tramos en desuso é imprescindíbel interconectar a rede vella coa nova do Eixo porque non é viábel un modelo de rede independente que faría imposíbel as cercanías. Teñen que estar entroncados cos novos”. E sinalou que se podería resolver “por exemplo pagando ao ADIF a peaxe pertinente”. Para o deputado do BNG non conectar a rede vella coa nova “sería un despilfarro dos recursos públicos”.
Cercanías noutros territorios mentras Galiza carece destes servizos
O deputado do BNG puxo de manifesto na súa interpelación á Ministra de Fomento o feito de que se fale das cercanías noutros territorios do Estado mentras que Galiza “carece de servizos deste tipo” e “o noso pais ten no ferrocarril a grande asignatura pendente”, algo que “recoñece o propio Ministerio na súa revista”.
De aí, subliñou, “a demanda unánime da sociedade galega de que o Goberno cumpra os seus compromisos en alta velocidade”. Máis, salientou, tamén “é fundamental contar cuns bóns servizos rexionais que contribúan á vertebración interna do territorio, e para a nosa cohesión interna tamén é preciso implantar servizos de cercanías nas principais áreas urbanas”. Nese sentido, dixo á Magdalena Álvarez que liñas rexionais actuais como a conexión Ferrol-A Coruña ou Vigo-Pontevedra poderían “no futuro ter a consideración de liñas de cercanías”.
O repto de crear un ente ferroviario galego
Lembrou á Ministra que o mesmo Zapatero enunciou a descentralización das cercanías como unha das cuestións a tratar nesta lexislatura. Resaltou que un dos reptos do Goberno galego para a vindeira lexislatura é crear un ente ferroviario propio que asuma este tipo de servizos. Unha aspiración, afirmou, que ten soporte xurídico no “noso Estatuto de Autonomía”.
Ademáis, mencionou o informe de novembro de 2005 que o Goberno galego remitiu á Comisión Mixta de Transferencias sobre competencias a negociar. Aí están o traspaso de competencias sobre autorización de operadores ferroviarios en Galiza, a participación na planificación, programación e xestión das infraestruturas incorporadas á rede do Estado que vaian polo territorio galego, e a competencia exclusiva na implantación de novas vías non declaradas de interese xeral que discurran integramente polo territorio galego.
Aproveitar os antigos trazados para implantar as cercanías galegas
Reprochou á Ministra a política de desmantelamento das vellas liñas que son substituidas polos novos tendidos do AVE. “É unha política discutíbel pois impide o aproveitamento do antigos trazados”. Solicitou a Magdalena Álvarez que non se desmantele a infraestrutura que fica en desuso e “traspase a xestión á Xunta”. Díxolle á responsábel do departamento de Fomento que se “hai vontade política son facilmente superábeis os problemas técnicos”, e fixo alusión á antiga liña entre Santiago e Vilagarcía. “Poden traspasar o tramo que fica en desuso entre Vilagarcía e A Escravitude, e resolver o entronque en Escravitude da antiga liña coa novo trazado do Eixo Atlántico, así poden circular trens de cercanías entre Vilagarcía e Compostela”.
Recalcou que o BNG "non pide ao Ministerio que constitúa o servizo de cercanías na Galiza, tan só lle pedimos que facilite a súa creación por parte do Goberno galego”.
Na súa dúplica ao parlamentar nacionalista, a Ministra de Fomento rematou falando do Eixo Atlántico, das partidas investidas na pasada lexislatura e coa tradicional comparanza respeito ao investido polos anteriores gobernos do PP.