PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O Pleno ordinario que se celebrará este xoves, 25 de setembro, tratará iniciativas do BNG sobre temas de actualidade, como o plan Vigo Íntegra que afecta a un total de 14 parroquias de Ponteareas e do que nin a Consellería de Política Territorial, nin o Concello facilitaron información aos veciños.
O BNG, propón que a Corporación apoie ás alegacións presentadas polos colectivos socias, manifeste o seu rexeitamento ao Plan sectorial Vigo Íntegra e solicite da Consellaría de Política Territorial a súa suspensión no que atinxe ás actuacións previstas no Concello de Ponteareas para que se inicie un proceso de interlocución social cos colectivos veciñais e o Concello.
Os nacionalistas tamén plantexarán a creación, dunha comisión de seguimento dos plans, Vigo Íntegra e Director de Estradas de Galiza, coa participación de todos os Grupos políticos da Corporación e dos colectivos sociais.
Bolívar González, portavoz municipal do BNG, manifestou que solicitarán explicacións do Concelleiro de Vías e Obras, Sr. Novoa, así coma do Alcalde Sr. González Solla sobre o cobro de 60.000 euros da Deputación pola fonte luminosa da praza do Axente Comercial. Os nacionalistas recordan que desta obra só hai un cartel dende as eleccións municipais e non se fixo nada. O Goberno municipal do PP terá que informar sobre toda a tramitación realizada dende o Concello, ¿quén certificou a obra?, destino dos 60.000 euros, etc., "xa que podemos estar diante dun caso de falsidade documental", diko o edil nacionalista.
Tamén se abordará no Pleno deste xoves, varias mocións do BNG que quedaran pendentes do mes de xullo, por suspender o Alcalde o Pleno. A comparecencia do Sr. González Solla polo retraso na resolución do expediente de reposición do Adro da Igrexa de Guillade. Outra das cuenstións pendentes é sobre a polémica polos cambios dos letreiros municipais, dos límites parroquiais de Celeiros, Arcos e Oliveira que o Alcalde se comprometeu a resolver hai case un ano “pero sigue cruzado de brazos sendo cómplice da provocación e da actuación ilegal dos que pretenden modificar pola forza eses lindes”, manifestou Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG.