MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou que as partidas que o Goberno destina a Galiza no proxecto de Orzamentos do Estado 2009 “non nos parecen satisfactorias e, desde logo, trátase dun proxecto de Orzamentos manifestamente mellorábel”.
Orzamento inferior ao consignado no 2008 despois da negociación BNG-Goberno
Un dos aspeitos principais que o deputado do BNG salientou é o feito de que a cifra de algo máis de 2.000 millóns que este proxecto recolle “está por debaixo do total consignado para o exercicio 2008”. Neste sentido, lembrou que o ano pasado e froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno se consignaron para Galiza 2.045 millóns de euros, mentras que “o proxecto para o 2009 que hoxe nos trae á Cámara contén unha cifra inferior”.
Todo isto a pesar de que se incrementou o gasto público respeito ao 2008, aínda que moderadamente. Subliñou que o aumento do gasto se sitúa case nun 3% pero “aínda así o contemplado para Galiza é menor”.
O BNG exercerá “a súa capacidade de diálogo” para mellorar as partidas
Deixou claro que o BNG se vai aplicar para “mellorar substancialmente as partidas para o noso territorio no tempo de tramitación do proxecto de Orzamentos no Congreso dos Deputados”. Manifestou que “a nosa disposición ao diálogo é reiterada pero temos unha condición: que sexan uns Orzamentos xustos para Galiza”. “O BNG é consciente de que nun contexto de crise económica hai que ser responsábel e non se pode pretender solucionar a un tempo todas as carencias que Galiza ten en infraestructuras, pero aínda así necesitamos máis compromiso inversor”.
Jorquera sinalou que “a día de hoxe temos unha posición moi alonxada respeito a estes Orzamentos, mais exerceremos a nosa capacidade de diálogo para subsanar moitas das insuficiencias e carencias que observamos no proxecto do Goberno”.
Insuficiencias orzamentarias para o Eixo Atlántico
O portavoz nacionalista puxo en destaque algunhas cuestións referidas ás partidas proxectadas para a alta velocidade ferroviaria. Así, indicou que no que atinxe á conexión coa Meseta, “estimamos que o orzamento se corresponde en liñas xerais coa capacidade de absorción real.” Pero, enfatizou, “non sucede o mesmo co Eixo Atlántico que para Galiza é tan importante ou máis que a conexión coa Meseta”.
Explicou que se contemplan uns 181 millóns para actuacións do Eixo entre A Coruña e Vigo “cando a capacidade de absorción orzamentaria é moito maior”. Ademáis, subliñou, as partidas contemplada para o tramo Ferrol-A Coruña e Vigo-fronteira portuguesa “son anecdóticas”. E engadiu que, dacordo con esas partidas, “significa que estes itinerarios van seguer empantanados en fases de estudos”. Para Jorquera “é un feito que o Goberno se obstina en non considerar o Eixo Atlántico na súa totalidade, é dicer, entre Ferrol e a fronteira portuguesa”.
Considera o deputado do BNG que é fundamental “abordar estes tramos para a articulación dunha importante área económica e poboacional e a conexión con Portugal”.