REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- A voceira do Partido Popular de Redondela, Francisca Canal, presentoulle ó pleno da Corporación Municipal, unha moción na que propón eliminar as barreiras arquitectónicas existentes no Concello que dificultan a vida diaria dos minusválidos. Canal declarou que "xa é hora de que se faga algo polos discapacitados físicos do municipio, que levan moito tempo trasladándome as súas queixas sobre as barreiras que atopan na localidade".
Na citada moción a presidenta dos populares redondeláns propuxo a adopción dunha serie de medidas que melloren a calidade de vida destas persoas, tales como que se inicie neste exercicio económico a adaptacións das rúas creando itinerarios accesibles, que se amplíen as prazas de aparcadoiros adaptados, "insuficientes actualmente" segundo Canal, e que exista un itinerario peonil accesible e sinalizado que comunique a vía pública coas prazas reservadas; que todo o mobiliario urbán se instale de tal xeito que en ningún caso constitúa un impedimento para o peón; que prazas, parques e xardíns de úso público deberán estar exentos de grava ou calqueira outro material solto, que existan itinerarios libres; e por último, que se rehabiliten as beirarrúas do municipio e que se lles apliquen os rebaixes pertinentes, ademais de que os pavimentos sexan antideslizantes.
Neste senso, Francisca Canal, lembrou o contido da LISMI, Ley de Integración Social do Minusválido, que recolle as obrigas dos poderes públicos respecto deste colectivo plasmadas na Constitución Española e que define as barreiras urbanísticas como "aqueles obstáculos que dificultan ou impiden a libre circulación en vías e espacios públicos e establece que a súa planificación e urbanización se efectuará de xeito tal que resulten accesibles e utilizables para os minusválidos (art. 54-1º), incluíndo previsións sobre a adaptación gradual do xa construído (55-1º), ó efecto do cal se establece a obriga dos entes públicos en xeral (55-1º) e dos Concellos en particular, de destinar unha porcentaxe dos seus orzamentos a tal finalidade".
Canal concluiu explicando que "non é suficiente con adaptar a casa do discapacitado, senón que é imprescindible que tódolos edificios teñan un sinxelo acceso, tanto públicos coma privados, que tódalas rúas teñan os rebaixes precisos nas beirarrúas, que os pavimentos sexan antideslizantes, que nos ascensores caiba unha cadeira de rodas e que os medios de transporte públicos estean adaptados para poderes acceder e viaxar cómodamente no caso de ter unha minusvalía". "Hai que ter en conta que as persoas que precisan de cadeira de rodas ou bastón necesitan de maior espacio para poder maniobrar", insistiu a edil do PP.