VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Fin de semana de asembleas comarcais do BNG para elección de compromisarios cara ao seu próximo congreso asemblea extraordinária que decidirá o candidato á presidencia da Xunta nas próximas eleccións. Achégamos no MORRAZO-tribuna unha fotografía da votación do mediodía do sábado, na Asemblea Comarcal de Ourense. Nela aparecen o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e o tenente alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal. A fotografía é de Ramsés Torres.
O secretario de Organización da Executiva do BNG, Alberte Ansede, cualificou de “histórica” a participación da militancia nas asembleas comarcais que se están a celebrar por todo o país para elixir aos delegados e delegadas para a Asemblea Nacional Extraordinaria do 5 de outubro e aprobar o informe político.
Ansede salienta que “a participación está a ser superior á de ningunha outra asemblea anterior, o que demostra o alto nivel de implicación e de dinamismo dos e das militantes da nosa organización”.
Apoio masivo ao informe político
Neste sentido, o responsábel de Organización da Executiva do BNG subliña tamén que “o apoio masivo que está a ter nas asembleas comarcais que se están a celebrar o informe de avaliación política e de obxectivos eleitorais do BNG”.
Precisamente este sábado celébraronse as eleccións nas asembleas comarcais do BNG de Ourense, O Morrazo e A Mariña.
“Única organización política na que a militancia elixe ao candidato á presidencia da Xunta de Galiza”
Por último, Alberte Ansede salienta que “o BNG é a única organización política na que a militancia, a través dos delegados e delegadas elixidos nas asembleas comarcais, elixe ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galiza”.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas, foi presentada unicamente a candidatura de Anxo Quintana, que resultou proclamada ao contar co aval de 3.332 afiliados/as ao BNG de pleno dereito e superar o mínimo de 300 requirido regulamentariamente.