26 septiembre 2008

VII encontro Internacional
da Marcha Mundial das Mulleres

A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O Centro de Información á Muller da Guarda informa que o día 6 DE OUTUBRO ás 20:30 HORAS vai ter lugar no Centro Cultural da Guarda unha charla informativa con motivo do VII encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Este Encontro terá lugar en Vigo os días 18 e 19 de outubro.
Para poder asistir á Marcha polas rúas de Vigo o día 19 de outubro o Concello da Guarda porá un autobús a disposición de todas e todos aqueles que queiran asistir, previa inscrición no Centro de Información á Muller da Guarda (tfno 986614648)