VIGO (MORRAZO-tribuna).- A creación de organismos específicos como o prometido Consello Consultivo Medioambiental da Ría de Vigo e recuperación do Observatorio Medioambiental, ferramentas clave. Logo da catástrofe ecolóxica provocada polo incendio da nave do Gorxal, a Federación Veciñal presentará no rexistro do Concello de Vigo un paquete con 34 medidas para recuperar, conservar e poñer en valor os ecosistemas fluviais, forestais e litorais.
Para a FAVEC, neste momento a actuación máis urxente pasa por establecer canto antes un plan de recuperación da fauna autóctona afectada no río Lagares, xa que a solución proposta polo Concello de deixar que o río volva a repoboarse por si mesmo, ademais de ser unha medida dilatada no tempo, non garante a volta ao seu estado orixinal nin supón mellora algunha respecto ao estado de abandono e contaminación que sufre o río. Este plan de recuperación ten que ir parello a un plan de prevención da contaminación que permita anticiparse ás desfeitas ecolóxicas e determine as actuacións ante as emerxencias.
A FAVEC considera especialmente importante facer un censo e o control expreso do sistema de depuración e medidas de seguridade en todas aquelas industrias que se atopan dispersas (moitas sen control ou en infrapolígonos) na beira do Lagares ou dos seus afluentes, en ecosistemas sensibles como os forestais, así como de todas aquelas que teñen implantación e actividade á beira do mar (conserveiras, asteleiros, naves de conxelado, galpóns...). Aínda que no Gorxal afortunadamente non houbo danos a persoas, compre salientar que hai dous anos ardeu unha nave no recinto portuario de Bouzas (Vigra) na que morreu un traballador porque non había auga nos hidrantes de incendios.
Organismos medioambientais
A cidade de Vigo ten que dotarse sen dilación dun organismo autónomo e independente que controle e informe á cidadanía do estado do medioambiente. Non podemos permitirnos ter inoperativo un Observatorio Medioambiental por falta de medios económicos nin esquecido un Consello Consultivo Medioambiental prometido pola autoridade portuaria hai dous anos. É hora de achegar propostas e arriquecer os plans e decisións en materia medioambiental. Este sería o cometido dos organismos que a día de hoxe seguen sen ser realidade, sinalou finalmente a Federación de Asociacións de Veciños, Eduardo Chao.